"A música ten que ver coa alma e ser sensible a ela supón unha forma especialmente pracerosa de barbarie. A música arrebata, move e conmove"

(A música en Bourdieu segundo Hormigos, 2000, p.115)

Galería

Máis fotos na conta de Instagram

Sobre min...

O meu primeiro contacto coa luthería foi a través dunha zanfona. Foi así, cunha caixa de viño de madeira, nubes de po e moita ilusión, que me puxen mans á obra. Cando rematei aquel instrumento (e grazas a un vello mestre de guitarra), coñecín ao luthier Cesar Arias. Ao descubrir aquel taller, quedei prendado, entendi por primeira vez como a madeira e a música viaxaban de man en aquel lugar. De natureza inqueta, tomei un rumbo diferente e decido estudar Socioloxía, pero coa luthería dando voltas de cando en vez na miña cabeza. Deste xeito, ao rematar aquel periplo universitario, saltei ao campo da luthería e saco as primeiras virutas coa axuda do mestre Ramón Casal na Escola de Artes e Oficios de Vigo (EMAO). Ao finalizar o primeiro ano, matricúlome na Escola Vasca de Luthería de Bilbao (BELE) onde aprendo durante tres anos da man de Unai Igartua, Luís Artola, Jabier Guraya e Ander Arroitajauregui; a escola abriume as portas para asistir a cursos de formación con profesionais como Silvio Levaggi, Michele Dobner, Philip Ihle e Sergio Chanquía entre outros. Foi aquí onde coñecín ao luthier e amigo Carlos Barrós e a Blai Sintes (Bilbao) quen me apoian e axudan a complementar a formación da escola. No último ano de estudos, e despois de concluílos, tiven a oportunidade de facer estancias de traballo e formación con Asier de Benito (Valencia), José Catoira (A Coruña), Naiara Maiztegui (Barcelona), Pablo Sanz (Valladolid) e finalmente, grazas á bolsa ERASMUS, viaxei a Chipre onde tiven o privilexio de formarme con Stepan Soultanian, con quen asentei disciplina e técnica de traballo. Actualmente teño taller propio en Cambre (A Coruña) onde ofrezo un servizo ao músico de corda frota de profesionalidade, calidade e proximidade.

O Obxectivo


As inquietudes dun músico co seu instrumento son moitas, son compañeiros de viaxe e de vida. Con nós, atoparás o mellor asesoramento para o teu instrumento. Basámonos nunha boa análise, aportando un diagnóstico completo do instrumento e perseguindo unha mellora final que cumpra as esixencias do músico.

Que ofrecemos?

Un servizo personalizado, para estudantes e profesionais da familia de corda frota. Montaxe, reparación, restauración e construción. Enfrenado e mantemento de arcos. Axustamos os orzamentos ás túas necesidades. Consulta connosco sen compromiso.

Rúa Miguel González Garcés, 9 Baixo

15660, Cambre

A Coruña

*Boa zona de aparcamento.

adrian_pereiro_luthier

881511320

Luns - Venres : 10:30 - 14:30 & 16:00 - 20:00

Sábado - Domingo: Pechado.